Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruz Vermella agradece o labor desinteresado das persoas voluntarias

cruz vermella

A delegación de Redondela saíu neste 5 de decembro a rúa co gallo do Día Internacional do Voluntario lembrando o traballo incansable das 300 persoas que, de xeito desinteresado, colabora coa organización. Nunha mesa informativa instalada ao carón do concello informaron á cidadanía dos proxectos que ten a organización e nos que se pode colaborar. Doutra banda, para favorecer un espazo de vida asociativa entre o voluntariado, organizan unha ruta de sendeirismo polas Salinas do Ulló, en Vilaboa, o sábado 17 de decembro, entre as 10:30 e as 13:30 horas.

As 30 persoas que colaboran en Redondela desenvolveron este ano “máis de 1200 horas de acción voluntaria”. Centos de persoas reciben apoio de Cruz Vermella anualmente grazas ao compromiso humanitario do voluntariado, que achega o seu tempo e os seus coñecementos para axudar a quen máis o necesitan, sen esperar nada a cambio.

Este ano de feito, volveu crecer o número de persoas que, de forma solidaria e desinteresada, son voluntarias de Cruz Vermella. Unha labor para a cal non é necesario ter un perfil específico “a institución facilita aos seus voluntarios a formación necesaria para o correcto desenvolvemento da súa actividade. Ademais, se aposta por un voluntariado próximo e adaptado ás persoas, en función da dispoñibilidade, coñecementos, gustos e intereses de casa acode”.

Os programas de Cruz Vermella en Redondela nos que se necesitan máis voluntarios son nos de Cruz Vermella Mocidade e en maiores, facendo acompañamentos ou como monitores de diferentes talleres.

Todas as persoas interesadas poden solicitar máis información na sede de Cruz Vermella en Redondela (Praza José Figueroa 3, – Casa dá Cultura -, 36800 Redondela); no número de teléfono 986 32 56 00 ou en mail: redondela@cruzroja.es.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará