Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela ofrece un obradoiro de centros de mesa de Nadal

obradoiro

O obradoiro é de balde e estará dispoñible en centros recreativos das parroquias a partir do vindeiro luns 12 de decembro. Impartirase en horario de tarde de 16:30 horas a 19:30 horas. A inscrición estará aberta ata completar prazas na oficina de turismo ou no teléfono 986 40 17 13.

A actividade consiste na elaboración dun centro de mesa do Nadal utilizando elementos florais e festivos que cada participante poderá levar a súa casa para decorar o seu fogar.

Impartirase nos centros culturais de Soutoxuste (12 de decembro), Saramagoso (13 de decembro), na aula CEMIT de Chapela (13 de decembro), Reboreda (14 de decembro), Vilar (14 de decembro), Santo Estevo (15 de decembro), Cesantes (15 de decembro), Ventosela (19 de decembro), Cabeiro (19 de decembro), Trasmañó (20 de decembro), Multiúsos de Redondela (20 de decembro), Cedeira (21 de decembro) e C.C.D. Cidadelle (21 de decembro).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará