Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS vence o duelo ante o Carballiño

pazosfs

Os dous equipos situados na parte alta da terceira división loitaron por facerse cos puntos en xogo, nun partido que quedou na casa do Pazos que recupera así a segunda posición na táboa. Peor lle foron as cousas ao Redondela Maramar na súa visita ao campo do Beade.

Pazos 7-5 Carballiño

Intensidade e emoción é o que se viviu no campo do Pazos FS esta fin de semana. Explican dende a Sociedade deportiva pazos que o Carballiño demostrou porqué a súa posición na táboa nun partido que sería para o Pazos pero no que os visitantes non llo puxeron doado.  Tres puntos de ouro para os vermellos, que os fan recuperar o segundo posto na pelexa polo play off de ascenso. Para a semana volven xogar na casa ante o Sport Sala de Culleredo, decimosegundos da clasificación.

Beade Copefri 4-2 Redondela Maramar

O Maramar non foi quen de imporse ao Beade nun encontro que rematou con derrota para os de Redondela por 4-2. Dende a decimoterceira praza reciben na vindeira semana ao quinto clasificado, o Distrito Ventorrillo.

Preferente Galicia

O Campito non xogou e tentará no encontro da vindeira semana ascender dende a penúltima praza da categoría, xoga no campo doutro equipo necesitado de puntos, o Coperfi Cereixa Gondomar (12)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará