Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de postais de Nadal con Macarena Muñoz

postales navidad

A proposta deste obradoiro busca recuperar a tradición de elaborar, escribir e enviar os nosos propios parabéns nestas festas. A actividade, orientada a nenos e nenas de 5 a 12 anos de idade, desenvolverase no Multiúsos da Xunqueira o mércores 7 de decembro, de 17:00 a 19:00 h. con inscrición no 986402865 e na Biblioteca de Chapela o luns 12 de 18:00 a 20:00 horas. Neste caso a inscrición é na propia biblioteca, no teléfono: 986454226 ou no correo bibliotecachapela@redondela.gal

Unha actividade formulada para favorecer a participación activa dos rapaces e rapazas nestas datas, recuperando un dos costumes máis bonitos destas festas, que ao tempo está a piques de se perder: a felicitación por correo postal.

Mª Elena Becerra, responsable das Bibliotecas Municipais

Así, a rapazada preparará as súas propias postais coas indicacións e os materiais dos que se lles farán entrega, escribirán o texto que as acompaña, porán o destinatario e o remitente no sobre e tamén se lle pegará o correspondente selo para poder envialos por correo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará