Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malos resultados para o balonmán local

sar

O equipo feminimo conmemorou o 25N co seu equipamento morado

Non foi unha boa xornada para os equipos da SAR nin na División de honra prata feminina onde a SAR Rodavigo perdía pola mínima ante o Oliveira Cañiza, nin para a SAR Plastic Omnium que perdía o pulso co Oar Coruña nun encontro da Primeira autonómica.

Rodavigo 24-25 Oliveira

As mozas da Sar non foron quen de imporse ás xogadoras do Oliveira Cañiza, nun encontro celebrado o sábado cun marcado carácter reivincdicativo no que o club aproveitou para conmemorar o 25N sacando á pista a súa segunda equipaxe, de cor morada. Perderon pola mínima 24-25. Situadas na oitava praza do grupo repiten como anfitrioas na próxima semana, reciben ao un rival directo, o Gran Canaria.

SAR 20-22 Oar Coruña

O equipo masculino na Primeira autonómica segue afundido na clasificación tras caer ante o Oar Coruña por 20-22. A próxima cita será novamente na bomboneira. Reciben ao Granitos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará