Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmela Silva visita as obras de Santa Mariña e A Picota cun investimento de 1’3 millón de euros

carmela+digna

A presidenta da Deputación lembrou que estas obras, xunto coa creación dun aparcadoiro disuasorio na zona de Vilavella, prevén un investimento total de 1’8 millóns e suporán “unha brutal transformación que está a acometer o goberno de Digna Rivas”. A alcaldesa lamentou que mentres a Deputación colabora co concello para mellorar Redondela “a Xunta segue a incumprir os seus compromisos” en referencia ao arranxo da Avenida Mendiño”.

A transformación da avenida de Santa Mariña, cun orzamento de máis de 450.000 euros a través do Plan Concellos 2021, configurará dentro dun mes, unha vez que conclúan as obras, unha contorna máis amable. O espazo contará con beirarrúas de pedra e pavimentación renovadas, novos sistemas de iluminación e sinalización, mobiliario urbano e redes de saneamento, abastecemento e liñas de comunicación. No barrio da Picota, a Deputación está a investir outros 849.000 euros a través do Plan ReacPon, que achega o 75% orzamento. Esta actuación suporá “unha transformación radical dunha contorna que ten un enorme valor patrimonial”, converténdoa nun lugar máis accesible e seguro, cunha mellora visual e funcional. Finalmente, están a piques de dar comezo as obras de construción do aparcadoiro disuasorio na zona de Vilavella, con outros 416.000 euros de recursos do Plan Concellos 2022 para completar a humanización da praza de Ponteareas e habilitar unha zona de esparexemento veciñal.

Carmela Silva, presidenta da Deputación

Afirmaba a presidenta da Deputación que “podo vir a Redondela a falar de feitos, do apoio concreto e real a un dos concellos máis importantes da provincia”, ao tempo que criticaba a visita que tamén esta mañá protagonizaron os populares Ana Pastor e o ex-alcalde, Javier Bas, aos que cualificou como “a raíña das promesas incumpridas” e “o noivo de Redondela á fuga”.

Críticas ao PP

Pola súa banda a alcaldesa, Digna Rivas agradeceu os investimentos da Deputación que serven para “completar a transformación da avenida de Santa Mariña e Picota”, zonas esquecidas de Redondela e que van experimentar agora unha enorme transformación mentres a Avenida Mendiño segue esperando “malia as nosas reclamacións constantes á Xunta de Galicia que está a incumprir un compromisos cos todos so veciños e veciñas de Redondela”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará