Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reivindica máis investimentos do Estado en Redondela para infraestruturas viarias e melloras patrimoniais

pp redondela

O grupo popular no Congreso con Ana Pastor, Diego Gago e o exalcalde Javier Bas a cabeza anunciaron as 15 emendas presentadas polo seu partido aos orzamentos do Estado e vencelladas directamente con Redondela que buscan mellorar “a seguridade cidadá, as infraestrututuras viarias e ferroviarias e a recuperacións do patrimonio”. Reclaman así que se destinen partidas para mellorar a N-555 a N-552, para eliminar definitivamente a peaxe en Rande e para facer un paseo entre o peirao e a praia de Cesantes. Criticaron os populares uns orzamentos do PSOE “que non recollen ningún proxecto para o noso concello” e reclaman investimentos por máis de dez millóns de euros.

Javier Bas , candidato PP

O candidato popular e actual parlamentario Javier Bas salientaba como unha das demandas máis destacadas a reclamación de “peatonalizar o viaduto Madrid, que serviría para poñer en valor este elemento singular do patrimonio” e que sería un reclamo turístico máis no Camiño de Santiago.

Outra das demandas pasan pola mellora da seguridade vial na estrada N-555 entre Vilavella e o Aeroporto especialmente ao seu paso por Santo Estevo e no inicio da estrada “urxe un estudio que permita acometer actuacións que favorezan o tránsito de vehículos e o paso de peóns” e a saída da autoestrada AP-9 en Torres de Padín “que daría servizo a todos os veciños de Chapela e Teis e melloraría tamén o acceso en Vigo pola avenida Buenos Aires”.

Tamén en Chapela reclamou un investimento de un millóns de euros para o tramo da N-552 entre o Alto da Encarnación e Teis. Outras das actuacións tamén no ámbito das infraestruturas pasa pola creación dunha rotonda na zona dos Valos que melloraría o acceso a Vilar, así como a Avenida da Estación e a Avenida do Muro.

Salientaba tamén o popular “a necesidade dunha nova comisaría en Redondela para facer máis eficiente a actuación policial nun momento no que se están a incrementar os delitos na comarca de Vigo”.

En canto ao medio Ambiente demandan investimentos para a rexeneración da praia de Cesantes que inclúa “o paseo entre a punta da praia e o peirao de Cesantes, que incluiría a retirada da escolleira que se atopa na desembocadura do Alvedosa”. Neste ámbito demandan tamén unha segunda fase da vía verde de Chapela.

Unhas emendas nas que os populares incluíron tamén a supresión definitiva da peaxe na AP-9.

A deputada Ana pastor insistiu en que as demandas presentadas “queren dar resposta ás necesidades do veciños e veciñas de Redondela, non é unha cuestión ideolóxica senón que buscan potenciar este concello no ámbito turístico e medioambiental, mellorar as súas estradas e favorecer a seguridade cidadá coa reivindicación da comisaría para este concello”.

Ana Pastor, parlamentaria do PP

Concluía o candidato á alcaldía de Redondela que “os orzamentos do Goberno de Pedro Sánchez, non só son malos para España, para Galicia e para Pontevedra, tamén o son para Redondela “.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará