Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Lara Álvarez e o vigués Brais Fernández gañadores do Xuventude Crea

faiscas

Recibiron o premio da Xunta de Galicia na especialidade de Música tras interpretar en directo os temas A Flor e Vals de Trasìelas. Impuxéronse ao resto dos finalistas nun acto celebrado este domingo nas instalacións do Playa Club da cidade da Coruña. A través deste programa, o Executivo autonómico pon en valor o talento e capacidade da mocidade galega en distintos ámbitos artísticos.

O primeiro premio foi para o grupo ‘Faíscas’, formado por Lara Álvarez Álvarez, de Redondela, e o vigués Brais Fernández Pombo. Os temas que interpretaron en directo e cos que resultaron gañadores foron A flor e Vals de Traspielas.

En segundo lugar quedou a coruñesa Iria Vilas Iglesias, cos temas Hvergelmir e Gjoll. E en terceira posición quedou o grupo ‘Cantometrics’, cuxos compoñentes son: Marina Fernández Vigo, de Vigo; Luís Sánchez Bolón, de A Coruña; Sandra Pérez Míguez, de Tui; Nébeda Piñeiro Barros, de Bueu e Iago Camaño Lagoa, de Cagas do Morrazo. Os títulos dos dous temas que tocaron foron: Maios e Manuel do Campo.

Os gañadores recibirán unha gratificación repartida de 3000 euros; 1500 os segundos clasificados e 1000 os que quedaron en terceira posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará