Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS imparable na Terceira División

pazos

Contundente vitoria do Pazos na súa visita ao campo do Guitiriz, por 3 goles a 9, nunha categoría que se lle está a resistir ao Redondela Maramar, equipo que caía por 1-4 ante o Coruña. Na preferente tampouco houbo sorte para o Campito que perdeu 5-3 co Cesures.

Korreo Guitiriz 3-9 Pazos FS

Moi bo partido para o equipo da Sociedade Deportiva Pazos en terras lucenses onde gañaron con autoridade a un rival coas ideas claras grazas aos goles de Mariete (2), Mario Paz(2), Joni Costas(2), Luis , Martín e Aarón. Unha vitoria que os sitúa nun meritorio segundo posto tras sete xornadas disputadas .

Na vindeira semana reciben ao Concello de Begonte FS, decimoterceiros da categoría.

Redondela Maramar 1-4 5Coruña

Peor lle foron as cousas ao Redondela Maramar que non foi quen de brindarle unha vitoria a súa afección. Caída por 1-4 ante o equipo 5Coruña. Na vindeira semana o equipo de Redondela visita o campo do Cidade de Narón, sextos do grupo.

Preferente

Cesures 5-3 Campito

Non levanta cabeza o Chapela que caía esta fin de semana na súa visita ao campo do Cesures por 5-3. O Campito dende unha complicada penúltima praza recibe na vindeira cita ao Cigarrón, sétimo da categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará