Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco cae nas Somozas, incapaz de sumar fóra da casa

choco

Na terceira división os de Juan Amoedo sumaron unha nova derrota esta fin de semana ao caer 2-0 na súa visita ao campo do Somozas. Resísteselle ao CD Choco o gol nas súas citas fóra de Santa Mariña e volve de vacío do Manuel Candocia.

Somozas 2-0 CD Choco

Xa o inicio do partido amosaba a complexidade dun partido no que os locais pronto comezaron a apretar ao equipo choqueiro, aínda que non xeraban moitas ocasións de gol. A banda dereita choqueira resentíase do avance do equipo local, e pola contra, os redondeláns non eran capaces de nin tan siquera achegarse a portería local.

Nin uns nin outros foron quen de romper a saca ao seu favor aínda que UD Somozas tivo dúas ocasións claras na que o largueiro intermediou para que isto non acontecese.

A segunda parte parecía que o CD Choco sentíase máis cómodo no terreo de xogo e nos primeiros minutos tentaban facerse coa batuta do partido. Con todo, no minuto 58 chegaría o primeiro tanto obra do Rubén Blanco que batería a portería de Cortegoso cun tiro de cabeza.

Sen a penas tempo para reponerse, chegaría o segundo e derradeiro gol do encontró no 63 cando Aaron remataba o esférico dentro da portería choqueira, nunha xogada que viña dunha recuperación de balón no mediocampo.

O tempo corría en contra dos intereses choqueiros, e aínda que tiveron algunha ocasión para a igualada, o gol deulle as costas unha vez máis lonxe do seu feudo.

O Choco sitúase nunha complicada 12 posición. Na vindeira semana reciben ao Villalvés, equipo que ocupa a cuarta praza da categoría

Ficha técnica:

UD Somozas: Aitor Embela, Asier, Cabarcos, Manuel Mariña, Carballido, Aaron, Rubén Blanco, Francisco, Caique, Cañizares, Sanmartin. Tamén xogaron Óscar, Bruno, Juan, Berto y Julián.

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Diogo, Yago Vázquez, Juanma Justo, Comis, Samu, Monroy, Félix, Cora, Eli e Berni. Tamén xogaron Ronald, Vilas e Adri.

Goles: 1- Rubén Blanco (58’), 2-0 Aaron (63’).

Primeira Galicia

Arcade 1-1 Moaña

Reparto de puntos no campo do Arcade, nun partido que remataba cun resultado de empate a 1 tantos. Na vindeira semana o Arcade xoga fora de casa, fano na casa do último clasificado, o Sanxenxo.

Segunda Galicia

Cesantes 0-2 Vilaboa

Mal lle foron as cousas ao Cesantes que caía 0-2 ante o Vilaboa. Na vindeira semana visitan o campo do Combarro

Soutomaior 1-0 Campañó

Si lograba facerse cos puntos en xogo o Soutomaior, qu gañaba o partido 1-0 ante o Campañó. Na vindeira semana, dende o posto oitavo da categoría visitan o campo do Amancer, situado no posto 16.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará