Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inicia a creación dunha horta comunitaria

horta pontevedra

As hortas comunitarias xa funcionan noutros concellos como o de Pontevedra

A Casa da Cultura acolle hoxe xoves ás 19:00 horas unha charla informativa para poñer en marcha un proxecto para o uso compartido da terra e o cultivo de alimentos de xeito ecolóxico. A iniciativa da Fundación Formavigo está orientada a toda a poboación en xeral e particularmente ás persoas que están desempregadas.

Enmarcado no proxecto “vivir co rural” este tipo de hortas comunitarias xa está funcionando en cidades como Pontevedra con moi bo resultado e chega agora ao noso co obxectivo de que a poboación poida xestionar a terra e cultural de forma comunitaria alimentos sans e nutritivos. Supón ademais un espazo de encontro e de intercambio entre a poboación.

Fernanda Couñago é a coordinadora de FormaVigo

O proxecto conta xa cun par de parcelas nas que a horta podería arrancar, pero “están un pouco lonxe do centro polo que tamén a xuntanza de hoxe serve tamén para facer un chamamento a calquera persoa que conte cun terreo máis próximo ao casco urbano.

Haberá cursos de formación xa en novembro para que as persoas participantes coñezan como planificar unha horta e como xestionala, uns cursos que serán impartidos dende a Horta do Cadaval.

A cita hoxe ás 19:00 horas na casa da cultura. Este proxecto é posible grazas ao apoio e financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará