Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As cabinas de Redondela encheranse de literatura

cabina

A cabina da Praza da Constitución será un dos espazos elixidos para o empréstito de libros

A proposta de Normalización Lingüística consiste en ofrecer libros para compartir que estarán a disposición nas denominadas “Cabinas literarias”. Unhas cabinas actualmente en desuso que están sendo retiradas noutros municipios pero as que Redondela quere darlles outra vida reconvertendo as situadas na Fonte de Santiago, Praza da Constitución e Praza de Ribadavia en pequenas biblitoecas.

Unhas cabinas que serán ademais decoradas na súa parte exterior con información sobre a historia do teléfono e algunha curiosidade vencellada coa centraliña de teléfonos que na metade do século pasado estaba situada no edificio Royalty.

Esta proposta, posta en práctica noutras cidades europeas, pretende aproveitar o mobiliario en espazos públicos para convertelos en espazos culturais abertos. Neste sentido, a idea consiste en ofrecer libros para compartir que estarán a disposición da veciñanza nas denominadas “Cabinas literarias”. “A promoción da lectura é un dos obxectivos máis importantes da concellería de Normalización, destacando por suposto a lectura lingua galega. Queremos que Redondela sexa unha vila amiga dos libros”, explicaba Rivas.

Neste sentido, entre a oferta literaria que poderemos atopar nestes espazos están os libros das parroquias, editados dende o concello e nos que se recolle información do territorio, actividades e historia de cada unha das parroquias de Redondela. Ademais, os exteriores da cabina contarán con información sobre o procedemento de préstamos dos libros, unha especie de instrucións, que tamén trata de implicar a veciñanza na iniciativa.

 “Os teléfonos de cabina son un elemento singular, posto que para as novas xeracións resulta un obxecto museístico que non usaron nunca. Por este motivo queremos mantelos e conservalos, pero cunha utilidade práctica”, conclúe Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará