Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os votos en contra de PP e AER impiden aprobar a nova ordenanza de emerxencia social

pleno ss

O goberno local non foi quen de sacar adiante a nova ordenanza que, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa “busca ser unha ferramenta útil e áxil á hora de facilitar o acceso ás axudas municipais daquelas familias que estean pasando por unha situación de necesidade”. Unha proposta que contou co apoio do BNG, non así de PP e AER que pedían que quedara sobre a mesa para resolver as carencias detectadas. A negativa a aprobar a ordenanza provocou unha airada intervención da alcaldesa, Digna Rivas.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Defendía o BNG a ordenanza por entender que era imprescindible a súa actualización para evitar que a partida quede sen gastar porque os veciños non teñen a posibilidade de acceder a ela. Valoraba o edil Xoán Carlos González que se aumentase a renda familiar permitindo así o acceso a máis familias, que se estableza un procedemento máis áxil e que se lle dea maior autonomía aos equipos sociais. Unha ordenanza que, entendían os nacionalistas, serviría para atender a todas esas persoas que van ter que botar man destes recursos do concello para axudarlle a mitigar a situación pola que están pasando.

Xoán Carlos González, BNG

Dende AER anunciaban o seu voto en contra mentres non se solvente, entre outras carencias, o feito de que se elimine un requisito para ser beneficiario: a condición de levar a cabo un itinerario de intervención social que nos entendemos necesario.

Daniel Boullosa, AER

Dende o PP ían máis aló e aseguraban que a nova normativa de aprobarse non suporía a simplificación dos trámites por parte dos demandantes “tal e como así o alertan as propias traballadoras sociais e os informes municipais” . Engadía a edil Sandra Bastos que “tal e como se recolle no informe de intervención obsérvase unha discricionalidade no concedemento das axudas”. Concluía afirmando que “o PP está a favor dunha nova normativa pero non esta” e pedía que o tema quedara enriba da mesa e se constituirá unha mesa de traballo para a súa reeleaboración.

Sandra Bastos, PP

Defendía a concelleira de servizos sociais, Iria Vilaboa “unha ferramenta que axiliza a concesión de axudas e que busca dar resposta as necesidades reais e urxentes dos veciños, unha ferramenta que se ven demandando dende hai anos para que todas aquelas persoas que o precisen poidan ser atendidas cunha resposta rápida e con criterio obxectivos”.

Iria Vilaboa, PSOE

Uns argumentos que non convencían aos concelleiros de PP e AER que votaban en contra. Quedaba así rexeitada a nova ordenanza ao contar con tan só nove votos a favor, os dos concelleiros de PSOE e BNG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará