Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón sede da XI edición do encontro Con Barqueira e remador

con_barqueira_e_remador_02

A décimo primeira edición de Con barqueira e remador celebrarase na Illa de San Simón entre o 24 e o 29 de outubro. Baixo a coordinación da poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, que tamén participou na presentación, conformarán o encontro seis autores de dispares puntos xeográficos, nacionais e internacionais.

Así, participarán a escritora india Mamta Sagar, o checo Adam Borzič, o asturiano Miguel Rodríguez Monteavaro, a poeta bilingüe (en francés e occitano) Aurélia Lassaque, a sueca Ida Börjel e a poeta d’O Paramo (Lugo), Lorena Souto. Ao longo destas xornadas, os participantes realizarán un labor de tradución colectiva, presencial e recíproca aos idiomas representados.

No transcurso da presentación, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Anxo Lorenzo destacou o papel desta cita para “ crear un punto de encontro creativo arredor da tradución e da poesía, coa presenza de creadores de diferentes partes do mundo”. Así mesmo sinalou a importancia de presentar o obradoiro “no día en que celebramos e poñemos en valor esa actividade fundamental no ámbito do sector do libro e da industria cultural de Galicia que é a tradución”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará