Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

34 condutores sancionados en tres meses en Redondela por conducir baixo os efectos do alcohol

alcolimetro

A Policía Local alerta do incremento deste tipo de comportamentos ao volante. Nesta fin de semana foron sancionados dous condutores por arroxar unha taxa de alcohol superior a permitida.

De xeito periódico e, sobre todo nas fin de semana sucédense os dispositivos de control de vehículos en diferentes puntos do concello. Trátase de controis aleatorios que buscan disuadir aos condutores de certas condutas non permitidas ao volante, principalmente no que se refire a conducir baixo os efectos do alcohol e as drogas. Na madrugada do pasado sábado foron 2 os condutores sancionados por este comportamento, que se ven incrementando nos últimos tempos.

De feito, segundo informan os axentes, nos últimos tres meses foron sancionados 34 condutores por arroxar un resultado positivo e enviáronse 13 atestados por diferentes delitos contra a seguridade viaria.

No caso de que a taxa de alcohol supere os 0’65 mg/l os infractores enfróntanse a unha multa de mil euros e un ano de retirada do carné de conducir. En consumos inferiores a 0’35 a infracción sería administrativa e suporía unha multa de 500 euros e retirada de 4 puntos, que serían seis no caso de que a taxa de alcohol estivera entre un 0’35 e un 0’65.

A policía alerta tamén do incremento no número de persoas que circulan por Redondela sen contar co permiso de conducir.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará