Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pelexada vitoria da SAR Rodavigo ante o Xixón

SARVitoria

As mozas de Verónica Posada acadaron a súa segunda vitoria neste inicio de temporada, mentres que o equipo masculino de Primeira Nacional perdeu en Canarias ante o BM Gáldar.

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 29-27 BM Xixón

O equipo redondelán recibiu na Bomboneira ao Balonmán Xixón. O partido empezou cun parcial (3-5) a favor das asturianas, pero as de Posada colocáronse rapidamente por diante no marcador, e non abandonaron esta posición até o final do partido. Ao descanso, 17-15 para a SAR. Na continuación, a SAR Rodavigo ampliou esa vantaxe a os 6 tantos (22-16, min 37), pero o Balonmán Xixón non baixou os brazos e pelexou pola remontada. Conseguiron colocarse a tanto só un gol de distancia(23-22, min 15). No último cuarto de partido, o equipo rendolán foi quen de manter a calma e non permitiu ás visitantes situarse por diante. Chegaron ao final cun marcador de 29-27 para as de Verónica Posada. O triunfo permítelles situarse na metade da táboa. Esta fin de semana repiten na casa, será fronte ao Camargo74, co que están empatados a puntos.

Primeira Nacional

Gáldar 29-26 SAR Plastic Omnium

A vitoria resísteselle á SAR Plastic Omnium. Voaron a terras canarias en busca dos primeiros puntos da tempada, pero o resultado non foi o desexado e regresaron de baleiro. O Balonmán Gáldar dominou o partido e, malia que o equipo redondelán mantivo a igualdade no marcador durante os primeiros minutos, ao descanso os canarios xa mandaban 15-9. Na segunda metade, o Gáldar non deu opción de remontada ao equipo redondelán, chegando a unha vantaxe de 9 tantos (28-19, min 23). Nos últimos intres do encontro un par de boas accións da SAR conseguen reducir a diferencia a 3 goles, cun resultado final de 29-26. O equipo seguirá traballando para acadar o obxectivo, e esta fin de semana visita a Bomboneira o Balonmán Luceros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará