Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco cae na súa visita ao campo do Atlético Arteixo

choco

O club redondelán volveu coa saca baleira logo da súa visita a Ponte do Brozos, onde lles agardaba un Atlético de Arteixo coa necesidade de sumar a súa primeira vitoria na Terceira RFEF. Os de Amoedo regresaron de baleiro ao caer por 2-0 ante o Atlético Arteixo

Cun bo ambiente nas bancadas, nas que houbo presenza da afección choqueira daba comezo un partido entre dous equipos con fame de vitoria, máis os locais foron quen de facerse coa vitoria nun partido que se levaron por 2 goles a 0.

Un encontro que non gozou de grandes ocasións para ningún dos dous equipos, máis o Arteixo levaba o peso ante un Choco incapaz de xerar ocasións nin de xerar perigo ante a portería de Hevia. Os de Amoedo volveron pecar de imprecisión nos pases e perdas de balón, pagándoo cos tres puntos da xornada.

O primeiro tanto local chegaría no minuto 20 tras un perda de balón ao tocar as costa dun xogador choqueiro, cuxo rexeite recolle Vela e traspasa a portería de Cortegoso, que firmou unha boa mañá tras salvar un par de ocasións máis que ben puideron sentenciar o partido xa no primeiro tempo.

Co gol en contra chegaríase ao final da primeira parte. Logo do tempo de lecer a tónica era a mesma que na primeira metade; os locais chegaban máis cómodos ao área rival, entrementres os visitantes eran incapaces de alcanzala. No minuto 77’ Otero aumentaría a vantaxe no luminoso, logo dun tiro ao pau curto que Cortegoso chegou a tocar pero que non puido deter, subindo o segundo e definitivo tanto da tarde.

De novo, unha nova derrota fóra da casa, pero aínda son moitas as xornadas que quedan por disputar e moitos os puntos en xogo. Esta fin de semana, no hai competición na Terceira RFEF, polo que o seguinte compromiso será contra o Alondras CF en campo rival.

Ficha técnica:

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Diogo, Juanma Justo, Comis, Monroy, Félix, Cora, Eli, Adri e Berni,. Tamén xogaron Anxo Vilas, Yago Vázquez, Samu Vilariño, Caramés e Rubén Domínguez.

Atlético Arteixo: Jose Hevia, Iván, Antonio, Mauro, Diego Vela, Edu, Xavi, Naya, Otero, Óscar, e Marcos Rodríguez. Tamén dispuxeron de minutos Victor Guerra, Sergio, Iker, Aitor e Nico.

Goles: 1-0 Vela (20’), 2-0 Otero (77’).

Os colexiados Marcos Padín, Juan José Silven e Iago De Oliveira amoestaron aos locais Marcos Rodríguez, Mauro, Edu, José Hevia, Xavi, Aitor e Óscar con cartón amarelo. E aos visitantes Eli, Diogo, Berni e Samu con cartón amarelo.

Primeira Autonómica

O Arcade sitúase na terceira posición da táboa malia o resultado desta fin de semana. Visitaba o campo do Atlético Cuntis , equipo que se facía coa vitoria por 3-2. Na vindeira semana o Arcade volve xogar fora da casa, na Lama.

Segunda Galicia

Vitoria aplastante par o Soutomaior na súa visita ao campo do Deiro. Partido que remataba cun contundente 1-5. A próxima cita será na casa pero ante un rival forte, o Vilaboa, equipo situada na segunda posición.

Na mesma categoría milita o Cesantes que caeu derrotado ante o Romay por 4-1. Na próxima fin de semana reciben ao Monteporreiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará