Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Eidos, a piques de converterse no Cemiterio máis bonito de España

cemiterio ranking

A votación popular remata este 30 de setembro e no reconto actual o cemiterio de Redondela ocupa o primeiro lugar con 838 votos fronte aos 723 do segundo clasificado, o camposanto de Vilaluenga del Rosario, situado na provincia de Cádiz. Ao longo deste mes a votación estivo moi igualda entre ambos os dous cemiterios que dende o primeiro momento se situaron na cabeza do ranking dun concurso que convoca a revista Adios Cultural de Funespaña.

Todas aquelas persoas que o desexen aínda poden facer a súa votación telemática na páxina de Adios Cultural, xa que o prazo segue aberto mentres non remate o mes. Así se recolle nas bases dun concurso que busca poñer en valor o interese histórico, social, artístico e patrimonial dos camposantos.

Malia que son sete os cemiterios que se postularon nun primeiro momento para seren elixidos como o “Cemiterio máis bonito de España”, dende un primeiro momento foron tan só dous os que se posicionaron como os preferidos por parte dos internautas. Unha competición que non rematará ata a medianoite de hoxe (suxeita ademais a unha verificación posterior) e que determinará finalmente que espazo se fai co título. Cunha diferenza de máis de cen votos a favor do cemiterio dos Eidos, todo apunta a que será Redondela quen finalmente recolla o título.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará