Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso gratuíto de Wing na praia de Cesantes

wing

O deporte náutico de moda chega a Cesantes e, para que todos poidan gozalo, Salitre Club Deportivo ofrece un curso de iniciación gratuíto. O próximo domingo 31 de xullo, ás 15:00, os monitores do club redondelán ofrecerán aos asistentes unha toma de contacto con esta vela lixeira.

Clase teórica e práctica para descubrir as sensacións de deslizarse sobre a auga coa tracción que o vento exerce sobre o wing.

Este curso está aberto a todo o mundo e non require de coñecementos previos nin preparación física. O único requisito para acceder ao curso gratuíto de wing é efectuar a reserva na web do club: salitreclubdeportivo.com

Con esta iniciativa, que conta co financiamento do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro), Xunta de Galicia e Fondos da Unión Europea, Salitre achega ao público unha nova forma de gozar da Enseada de San Simón, de maneira saudable e respectando a contorna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará