Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso básico de manipulación de produtos fitosanitarios en Redondela

firosanitarios

A acción formativa, de 27 horas de duración total, terá lugar do 1 ao 6 de agosto no Multiusos da Xunqueira. As persoas interesadas poden inscribirse no seguinte enlace: preme aquí.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza esta actividades que permitirá aos asistentes adquirir competencias básicas para a manipulación de produtos fitosanitarios. Impartirase en horario de tarde dos días 1 ao 5 (das 16:00 horas ás 20:30 horas), mentres que o día 6 será en horario de mañá (das 9:30 horas ás 14:00 horas).

O programa deste curso trata unha serie de nocións esenciais no tratamento de fitosanitarios, para o cal toma como base o Real decreto polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. Así, a acción terá catro bloques de contido, comezando pola clasificación e descrición das pragas dos cultivos e continuando coa dos propios produtos fitosanitarios e o seu manexo.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende neste caso proporcionar os coñecementos necesarios para un uso sostible dos produtos fitosanitarios, tomando como base a unhas prácticas axeitadas na explotación e tendo sempre como base o respecto polo medioambiente e a seguridade e hixiene tanto alimentaria como dos propios usuarios. Ademais, o carácter presencial deste obradoiro permite que os alumnos do curso podan ver en directo todo tipo de recursos empregados neste eido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará