Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concello e CAAN únense para promover a adopción de animais

caan-5

O abandono de animais e, particularmente de cans, segue a ser un problema que se acrecenta coa chegada do verán. Co obxecto de chamar a atención cara os abandonos e facer un chamamento para que aqueles que busquen un animal de compañía recorran a unha protectora na vez de comprar, este xoves instalarase un stand na praza o concello para dar a coñecer a labor de CAAN.

Este servizo, dependente da Deputación de Pontevedra, funciona dende hai xa unha década. O seu labor céntrase na recollida ade animais abandonados, o seu coidado e, sobre todo, a posta en marcha de campañas que favorezan a adopción deses animais. De feito, durante o ano pasado foron case 600 os cans que atoparon un novo fogar a través destas instalacións.

Alberto Álvarez, Concelleiro de Medio Ambiente

O Concello de Redondela quere sumarse a este chamamento e durante toda a mañá do xoves, dende as 9:30 horas ata as 14:00 informarán a toda a veciñanza interesada de cómo adoptar un animal e incluso se entregará comida a todos aqueles que decidan adoptar.

O Concelleiro de Medio ambiente, Alberto Alvarez lembra tamén a necesidade de que os propietarios non só recollan os excrementos das súas mascotas, senón tamén que leven con eles unha botellas con augas e xabón para limpar naqueles lugares nos que o animal ouriñe.

Unha iniciativa que serve para dar visibilidade ao centro de recollida de CAAN que da resposta a un problema de tipo humanitario e que representa tamén un grave problemas de salubridade pública e seguridade viaria: o abandono de animais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará