Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que o Concello de Pazos non limpa as fincas da súa propiedade

pazos limpeza

Alertan do risco de incendio en leiras municipais que se atopan cheas de silveiros e maleza como consecuencia da falta de limpeza por parte do Concello.

 “Atopámonos ante unha situación de semanas de calor extremo onde o risco por incendio é moi alto, polo que non podemos tolerar que o concello non manteña limpa as súas fincas” afirma o responsable local, Xurxo P. Besadío quen cualifica de “insólita” esta situación na que o Concello ten as súas propiedades en núcleos urbanos cheas de silveiros e maleza sen limpar dende hai meses.

Entenden ademais que se trata dunha falta de ética por parte da administración local xa que “durante estas semanas o concello notificou aos veciños e veciñas que deben limpar as súas propiedades nas franxas de seguridade e que de non ser así serán multados. Unha dobre vara de medir do concello onde por unha banda solicita que a veciñanza roce as fincas, pero por outra banda ten as súas fincas sen limpar, non sendo exemplares”.

Rematan a súa nota denunciando que non só están sen limpar as fincas, senón que o patrimonio municipal do concello como os parques, as fontes ou as casas das escolas están nun estado de “abandono absoluto”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará