Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As festas do Carmen de Chapela recuperan a procesión marítima e catro días de verbena no paseo Marítimo

festa carmen

O domingo será o día grande con procesión terrestre ás doce do mediodía e procesión marítima ás cinco da tarde. Os barcos partirán dende o paseo marítimo en dirección A Guía, Moaña, Domaio e Rande para finalizar no punto de partida. Dende o Circulo Cultural e recreativo animan a veciñanza a participar.

A festa arrancará xa este venres con verbena a cargo do grupo Xtra e concerto de Los Coleguitas a partir das 22:30 horas. O sábado as orquestras protagonistas serán Noche de estrellas e Platinum mentres que o domingo, día grande marcado polas procesión tanto terrestre como marítima a xornada rematará coa actuación de La banda de ayer.

O último día de celebración será o luns con procesión ás 11:30 horas e concerto ás 13:00 horas de Charanga Noroeste con reparto de rosquillas, viño e refrescos entre os asistentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará