Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pais e nais do Mendiño valoran mobilizarse se a Xunta non da marcha atrás no recorte do profesorado

anpa mendiño

A Anpa do Ies Mediño anuncia a súa intención de levar adiante un calendario de mobilizacións e protestas no caso de que a Consellería de Educación manteña a súa proposta de reducir o número de docentes para este centro educativo, o que suporía catro profesores menos de cara ao vindeiro curso. Insisten en que esa redución conlevará un empeoramento do ensino, cun aumento das ratios nas aulas e unha menor capacidade de resposta a aquel alumnado con necesidades especiais e que precisan unha atención máis personalizada.

O presidente da ANPA, Anxo Lusquiños insiste en que o camiño para mellorar o ensino público pasa pola contratación de máis profesorado e en ningún caso polo aumento das ratios nas aulas. Unha reclamación que chegou nun primeiro momento dende a propia dirección do centro e á que se sumaron pais e nais tras unha xuntanza na que se analizaron as consecuencias desta redución de docentes e incluso se  barallaron posibles medidas de presión “como non enviar o alumnado a clase no caso de que a Xunta non rectifique”

Anxo Lusquiños, presidente ANPA Mendiño

Será a partir de setembro canto este Instituto teña que enfrontarse a un novo curso no que terán 38 profesores na vez dos 42 actuais. Dende a Consellería xustifican este recorte ante a diminución no número de aulas, mentres a Anpa lembra que a realizade é que tan só desaparece unha clase entre relación ao curso pasado e que, pola contra, hai clases que superarán os 30 alumnas por aula. Tamén se pon en risco que continúan impartíndose as clases de apoio que si funcionaban anteriormente.

Todo isto, insisten, implica unha diminución na calidade do ensino polo que “a consellería ten que rectificar e nos imos ir a por todas”.

Lembran ademais que a consecuencia da pandemia incrementáronse notablemente os problemas de saúde mental polo que “é máis necesario ca nunca que haxa unha atención máis personalizada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará