Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Liga Galega de Traiñeiras célebrase este sábado en Chapela

jrfjfd

Esta fin de semana a Liga Galega de Traiñeiras celébrase no Paseo de Cardona en Chapela.  Embarcacións de toda Galicia competirán por gañar a VII Bandeira Concello de Redondela Feminina e a IV Bandeira Chapela Concello de Redondela. Esta xornada de competición será especialmente emocionante para a traíña feminina do club chapelano, xa que loitará por recuperar o primeiro posto fronte a CR Cabo de Cruz.

Na regata desta fin de semana competirán 12 embarcacións da Liga A masculina, na que o CR Chapela sitúase en cuarta posición e o Club Remo Cesantes en novena. Os de chapela pelexarán por entrar no podio contra SD TIRÁN – PEREIRA, pero será complicado pois están a 18 puntos de distancia na clasificatoria xeral.

Na Liga Feminina, CR Chapela-Wofco e CR Cabo da Cruz están a dous puntos de diferencia na clasificación con 50 e 52 puntos respectivamente. Estas son as dúas embarcacións máis potentes desta regata, xa que levan sendo as favoritas toda a tempada e ofrecerán todo un espectáculo esta fin de semana no Peirao de Chapela.

A previsión meteorolóxica para este sábado é favorable, polo que  a regata parece que se celebrará sen incidencias. Un día de calor no que os afeccionados poderán gozar da competición a partir das 17h da tarde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará