Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CB Chapela busca xogadores para a categoría xuvenil

Xuvenís

Dende o Club de Balonmán de Chapela fan un chamamento por redes sociais para atopar rapaces interesados en inscribirse na categoría xuvenil masculina. Buscan Xogadores nados entre 2006 e 2007, é dicir entre 15 e 16 anos.

Dende a directiva explican que en 2021 non puideron consolidar o equipo e polo tanto non competiron coa categoría xuvenil . Esta tempada contan con 7 rapaces, pero precisan polo menos 10 ou 11 para sacar adiante o equipo e asegurar o futuro da canteira.

A presidenta do club, María González, lembra que “neste momento temos máis escaseza de xogadores na categoría xuvenil, pero sempre é ben recibido calquera deportista interesado en formar parte do chapela.”

“Se queres formar parte da nosa familia non o dubides, chámanos”, Presidenta do club.

As persoas interesadas poden achegarse a oficina do Pavillón de Chapela, escribir o Facebook do club ou chamar ó número de teléfono 673902496.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará