Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno aproba por unanimidade diferentes obras con cargo ao remanente que ascende a 742.000 euros

pleno

A ponte sobre a vía en Casal do Monte en Saxamonde, pendente dende hai anos, financiarase con estes fondos do mesmo xeito que diversas obras de arranxo de camiños en diferentes parroquias como o da Furna e a baixada ao Peirao; o acondicionamento da zona deportiva do Campito en Chapela; arranxo da rúa Outide de Abaixo na Portela ou a elevación de dúas pontes sobre o río Maceiras. Unhas actuacións que deberán realizarse antes de que remate o ano e que saíron adiante logo de votar a favor por unanimidade a corporación municipal.

A concelleira de Facenda, María Castro explicaba que se trata duns cartos que a lei permite investir en diferentes actuacións coa condición de que se acometan estes investimentos antes de que se remate o ano e que se trate de obras de interese xeral. Neste caso as propostas pasan por acometer arranxos de camiños en diferentes parroquias así como outras obras que xa se atopan “nun proceso avanzado, para que poidan ser realidade antes de que remate o ano”.

María Castro, Concelleira de Facenda

Dende o BNG entenden que sería máis axeitado abordar con estes cartos “obras de maior empque que non se poden realizar vía orzamentos ordinarios”. Lamentaba tamén o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González que non houbera unha negociación máis intensa cos grupos da oposición á hora de determinar que obras realizar con estos cartos

Xoán Carlos González, BNG

Dende AER poñían en valor que neste paquete de actuacións se incluíran propostas achegadas pola Agrupación de Electores

Insistía Danile Boullosa que a súa formación “da o visto bo a esta proposta por tratarse de obras nas que xa estabamos a traballar cando formábamos do equipo de goberno e outras foron actuacións que se engadiron nunha negociación co gobernó local”.  Neste sentido salientaba a reparación do burato no muro do Río Maceiras (a altura do Salgueiral), á elevación da súa ponte antiga así como a do muíño vello neste mesmo río e a mellora do espazo deportivo Chapela Campito coa creación dunha zona multifunción, con pérgolas, que permita instalar postos da feira e artesanía e un espazo de ping-pong urbano debaixo da zona arborada e incluír lámpadas solares para a súa iluminación. Apuntaba tamén que se continuará coa construción dun anfiteatro no campo de petanca

Daniel Boullosa, AER

 E malia que tamén o PP votou a favor da proposta, esta agrupación criticou que “estes investimentos non se negociaran co grupo maioritario da oposición” e lamentaba Carmen Amoedo que “dos 742.000 euros tan só se invistan 40.000 en saneamento cando entendemos que debería ser un dos obxectivos fundamentais do goberno chegar ao 100% do saneamento en Redondela”.

Carmen Amoedo, PP

Un remanente que insistía a popular Carmen amoedo “está pensado na campaña electoral centrando as actuación en obras de piche e esquecendo outras melloras necesarias como o saneamento, a eliminación de barreiras arquitectónicas ou a continuación da senda do Maceira”.

Os populares apoiaron a proposta malia calificarla de investimentos electoralistas

Concluía María Castro agradecendo a boa disposición “dos grupos a negociar propostas beneficiosas para a cidadanía”e insistindo en que “o concello está nunha bo situación económica malia os malos augurios que prognosticaban os populares cando chegamos ao goberno”.



Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará