Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as obras de reconstrución da cúpula da Igrexa de Reboreda derruída por un raio hai catro meses

igresxa cúpula

A primeira fase da obra consiste en refacer no chan a cúpula derruída, aproveitando as pedras servibles e substituíndo as que non son aproveitables por outras novas. Uns traballos que corren a cargo da empresa do mestre canteiro Pelayo Alfaya. Unha rapidez na reconstrución na que ten moito que ver o compromiso do propio cura da parroquia, Carlos Rodríguez Alvarez por recuperar este elemento do patrimonio.

Eras as sete da mañá do pasado 8 de marzo cando o raio impactaba contra o campanario da Igrexa de Reboreda provocando danos de relevancia neste templo do século XVIII. A cúpula quedaba completamente esnaquizada, precipitándose ás pedras tanto ao chan como ao resto do tellado da igrexa. De feito, para garantir a seguridade foi necesario apuntalar o seu interior.

Catro meses despois do suceso arrancaron xa as obras de reconstrución desta cúpula. A primeira fase, a cargo da empresa Pelayo Alfaya consisten en refacer no chan do adro da Igrexa este elemento aproveitando as pedras que se puideron recuperar e engadindo outras novas. A continuación procederase a súa enumeración e xa, nunha segunda fase, subiranse cun guindastre para colocalas onde levaban case 300 anos. Unha actuación que suporá mover 40 toneladas de pedra.

Unha obra na que ten moito que ver o empeño e tesón do propio párroco Carlos Rodríguez. Así o recoñece un dos veciños da parroquia, integrante do colectivo Cultural Alén Nós, Andrés Laxe, quen quere poñer en valor “o traballo do cura da parroquia, sempre comprometido coa recuperación do patrimonio de Reboreda”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará