Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematan as obras de remodelación do pavillón da Bomboneira

Bombonera

A actuación financiada polo Concello con máis de 66.000 euros, consistiu en cambiar a pista, instalando un pavimento deportivo aerea-elástico con acabado e madeira de faia, especialmente indicado para balonmán e fútbol sala. Substitúese así o piso anterior, moi deteriorado polo paso do tempo e o seu uso continuado

O Pavillón Polideportivo Municipal luce xa un aspecto inmellorable logo das obras de remodelación de que foi obxecto a única pista desta instalación deportiva e na que o Concello, a través da Concellería de Deportes, investiu 66 561,59 euros (IVE incluído)

O piso, de aproximadamente 1000 metros cadrados, atopábase moi deteriorado polo paso do tempo e o uso continuado polo que foi necesaria a súa substitución por un pavimento deportivo aerea-elástico con acabado en madeira de faia 2máis axeitados para a práctica do deporte”.

As obras consistiron no estendido dunha subbase de espuma de poliuretano flexible de 15 mm e unha barreira antihumidade a base de lámina de polietileno sobre a que se colocou unha capa de listóns de contrachapado fenolico de 12 mm. Por último, sobre ela púxose unha capa de madeira de faia con acabado de barniz de Bona específico para o uso deportivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará