Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cen deportistas participan no I Trofeo de ciclismo en estrada Élite e Sub23 Concello de Redondela

ciclismo

Unha proba deportiva organizada pola Concellería de Deportes e o club Retelec Team Cycling Galicia que promete “emoción e espectáculo” para a tarde deste sábado 9 de xullo. A proba, que arrancará ás 16:00 horas, desenvolverase en dúas mangas de carreira de fondo e unha proba de eliminación na que despois da cada sprint o último corredor queda eliminado.

Neste trofeo daranse cita preto de 100 deportistas pertencentes aos 10 equipos galegos de ciclismo aos que se engaden Bicicletas Carlos de León e Ciudad de Oviedo e un equipo procedente de Portugal.

A proba, segundo nos explicaba Javi Fernández, director deportivo do club Retelec disputarase sobre un circuíto urbano de 2.5 quilómetros na que, primeiramente, disputaranse dúas mangas de fondo que terán que dar 25 voltas ao circuíto e na que nunha que participarán os corredores con dorsal par e noutra os de dorsal impar.

Os quince primeiros de cada unha das mangas, pasarán á unha carreira de eliminación de aproximadamente 30 voltas, unha modalidade sempre espectacular na que va quedando eliminado o corredor que, en cada volta, pase último pola líña de meta que estará situada na Avenida de Alfonso XII.

Unha actividade que serve para promocionar o ciclismo, un deporte que non está a pasar polo seu mellor momento “actualmente falta canteira, o que fai prever un difícil futuro para os dez equipos que existen en Galicia e que xa a día de hoxe se nutren sobre todo de ciclistas de fóra da comunidade”.

A alcaldesa de Redondela Digna Rivas agradeceu á Concellería de Deportes e ao Retelec Team Cycling Galicia o “enorme esforzo que supón a organización dun evento deportivo destas características” e puxo de relevo a importancia que ten este trofeo “que, unha vez máis, pon a Redondela no mapa dos grandes eventos deportivos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará