Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Grande Amore, Chaleco Reflectante e Eme Dj no festival Soutomareiro

soutomareiro

O peirado de Arcade vivirá esta fin de semana dúas xornadas intensas co salón do videoxogo que por primeira vez celebra a localidade e unha nova edición do festival musical “Soutomareiro” o sábado a partir das 23:00 horas. Un certame dedicado aos estilos de música emerxente que contará coas actuacións de Chaleco Reflectante, Grande Amore e Marta Fierro, coñecida como Eme DJ.

Sonia Pintos, Omix Soutomaior

Unha oferta musicial que pechará o salón Veideo Xogando que arranca hoxe venres e no que se darán cita Youtubers, videoxogos, tecnoloxía e música, nunha proposta organizada pola Omix de Soutomaior. Unha actividade que busca achegar os diferentes aspectos que definen este mundo, polo que este salón completarase con mesas redondas para analizar os beneficios dos videoxogos, as profesións xurdidas en torno a este sector ou as aprendizaxes que esta actividade tamén ten “ao promover habilitades como a creatividade, resolución de problemas ou resistencia a frustración”.

A proposta nace como un xeito de “amosar as virtudes que tamén ten este mundo, aínda que sen perder de vista os problemas que mal usado poida provocar”. Así o explica a técnica da OMIX  Sonia Pintos, quen engade que neste caso ademais dos espazos para xogar haberá tamén mesas redondas nas que falarán profesionais de campos diversos dende youtubers, creadores de contidos profesores universitarios ou incluso redactores e actores de dobraxe de videoxogos.

Un completo salón do videoxogo no que non faltará un espazo de consulta para recibir información sobre nocións básicas sobre ergonomía, masaxes ou técnicas de relaxación visual así como unha zona gastro na que se servirán bocatas, pizzas , cociñas mexicana… todo xestionado por marcas da hostalaría local.

A música hoxe correrá a cargo de Elesky, unha concertista que une a súa paixón musical ao mundo do videoxogo poñéndolle música e creando contidos que triunfan un Twich. Actuará o venres ás 21:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará