Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Queen soa en Redondela coa banda Bulsara, nunha intensa fin de semana de música

queen

Un concerto na Praza da Casa da Torre este venres ás 22:00 horas que abre un intenso fin de semana de música e concertos en Redondela, Chapela e Cesantes. Unha actividade enmarcada dentro da programación de verán da Concellería de cultura da que a súa responsable, Iria Vilaboa salienta “a elevada presenza de músicos locais que conforman o 70% do programa así como os concertos de Susana Seivane e Cisco Feijoó en torno ao 25 de Xullo”.

A Concellería de Cultura convida a veciñanza a achegarse ao concerto que hoxe venres terá lugar na praza da Casa da Torre con acceso completamente de balde. Unha proposta musical nunha fin de semana cargada de citas diversas como as Regueifas de galos que terán lugar tamén na Casa da Torre o sábado ás 19:30. Nesa mesma xornada en Chapela o grupo local As Efémeras volverán subirse ao escenario cun concerto na Alameda Rosalía de Castro ás 22:00 horas.

Noutra parroquia, neste caso na praia de Cesantes a cita será co XI Festival Folk Illa de San Simón que contará coa actuación dos grupos Tirapuxa, Abóbriga e Tanto nos tén. Unha proposta musical que arrancará ás 21:30 e onde se servirá  comida e bebida a prezos populares. A comisión organizadora anima a todos os que o desexen a achegarse con algún instrumento para continuar logo a festa cunha foliada.

A fin de semana rematará cunha actuación de Sofía Espiñeira. A cantautora mugardesa actuará o domingo na praza da Casa da Torre ás 22:00 horas.

A programación cultural continuará xa na vindeira fin de semana o día 16 de xullo, tamén na Praza da Torre a partir das 22:30 h, con Elëven e Miguel Costas. A banda nacida no 2019 e afincada en Redondela únese a un nome como o de Miguel Costas, inseparable da música da movida logo de ter formado parte das bandas viguesas Los Feliz, Aerolineas Federales e Siniestro Total.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará