Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior mellora a accesibilidade á área recreativa do peirao de Arcade con beirarrúas máis anchas

obras peirao

O Concello de Soutomaior vén de iniciar os traballos de humanización nos accesos á área recreativa do Peirao de Arcade.Unha mellora coa que o goberno local quere mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade dos veciños que fan uso desta zona de lecer, especialmente durante o verán. Os traballos contan cun orzamento de 142.000 euros que foron financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Os traballos centraranse inicialmente en ampliar as beirarrúas até o dobre do seu ancho actual e dotalas dun novo pavimento de laxa de pedra natural. En total instalaranse máis de 530 metros cadrados de nova beirarrúa nos que a tarefa principal será garantir a accesibilidade. “Agora unha persoa en cadeira de rodas poderá ir desde o multiusos até a praia con total seguridade, con beirarrúas amplas e con todos os pasos adaptados”, explicou o alcalde, Agustín Reguera.

Ademais renovaranse e actualizarán as conexións dos edificios próximos á rede de recollida de augas pluviais. Do mesmo xeito, renovarase a iluminación pública en toda a rúa coa instalación de 15 novos farois de tecnoloxía LED de baixo consumo e, para finalizar esta primeira fase da humanización na rúa Carburos, renovarase a calzada coa instalación de máis de 2.000 metros cadrados de novo asfalto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará