Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior presenta a súa candidatura ao concello

ACTO 2

O acto desenvolverase hoxe venres ás 21 horas na Alameda de Talo Río e no mesmo intervirán a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; o portavoz municipal do BNG de Soutomaior e deputado no Parlamento galego, Manu Lourenzo; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Rematará o acto coa actuación musical de Mini e Navia Rivas.

O grupo municipal estará arroupado polas alcaldías dos gobernos municipais do BNG de toda a provincia de Pontevedra, como Barro, O Rosal, Mondariz e Ponteareas; deputados e

deputadas do BNG na Cámara galega e outros membros orgánicos do partido.

Sobre o acto, o responsable local do BNG de Soutomaior, José Costas, afirmou que “é ilusionante ver a forza que nos traslada tanto a veciñanza como os compañeiros e compañeiras do BNG. Afrontamos con moitas ganas o acto do venres, e agardamos que sexa a primeira pedra que nos permita construír un Soutomaior novo a partir de 2023”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará