Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Youtubers, videoxogos, tecnoloxía e música no I salón VídeoXogando de Soutomaior  

peirao

O peirao de Arcade encherase de videoxogos de última xeración que compartirán espazo con videoxogos retro nunha actividade organizada dende a OMIX de Soutomaior e que leva por nome “Video xogando”. O obxectivo é achegar os diferentes aspectos que definen este mundo, polo que este salón completarase con mesas redondas para analizar os beneficios dos videoxogos, as profesións xurdidas en torno a este sector ou as aprendizaxes que esta actividade tamén ten “ao promover habilitades como a creatividade, resolución de problemas ou resistencia a frustración”.

A proposta nace como un xeito de “amosar as virtudes que tamén ten este mundo, aínda que sen perder de vista os problemas que mal usado poida provocar”. Así o explica a técnica da OMIX  Sonia Pintos, quen engade que neste caso ademais dos espazos para xogar haberá tamén mesas redondas nas que falarán profesionais de campos diversos dende youtubers, creadores de contidos profesores universitarios ou incluso redactores e actores de dobraxe de videoxogos.

Sonia Pintos, técnica da OMIX de Soutomaior

Obradoiros familiares como “Aprende cos teus fillos” ou a ponencia “A que xogan os meus fillos” forman parte dun evento no que se instalará unha zona indie na que a xente máis nova amosará as súas propostas e creacións. Todo iso sen deixar de lado os xogos máis clásicos para que todas as idades atopen o seu espazo

Un salón lúdico e do videoxogo que busca tamén vincular as actividades máis tradicionais con novas propostas máis próximas as novas tecnoloxías. Neste sentido haberá xogos populares de puntería e habilidades e un espazo “móvete” para coñecer tamén eses videoxogos que promoven o movemento e a actividades física.

Un completo salón do videoxogo no que non faltará un espazo de consulta para recibir información sobre nocións básicas sobre ergonomía, masaxes ou técnicas de relaxación visual así como unha zona gastro na que se servirán bocatas, pizzas , cociñas mexicana… todo xestionado por marcas da hostalaría local.

A música correrá a cargo de Elesky, unha concertista que une a súa paixón musical ao mundo do videoxogo poñéndolle música e creando contidos que triunfan un Twich. Actuará o venres ás 21:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará