Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campamento do CD Choco inclúe charlas sobre inclusión no deporte

07cef354-c552-4b02-89ac-c4ccc6591de1.large

Os cativos que están a vivir a experiencia do Campus de verán do club choqueiro puideron manter unha charla coa adestradora Ana González e a xogadora María Figueroa do Deportivo Abanca. Unha visita na que falaron sobre inclusión e visibilidade das mulleres deportistas no fútbol e no deporte en xeral.

Nestas xornadas lúdico – deportivas , as invitadas tiveron unha conversa cos pequenos futbolistas, na que estes se mostraron moi interesado no que lles estaban a transmitir. Na conversa expuxéronse as inquietudes e dúbidas que tiñan sobre o fútbol feminino.

A adestradora declarou que “cada vez nótase máis a sorpresa que lles produce os nenos e nenas cando descobren que  non hai as mesmas facilidades entre mulleres e homes”. 

Os nenos e nenas preguntaron sobre a traxectoria das futbolistas, canto cobraban por xogar ou os trofeos obtidos dende que comezaron a súa carreira profesional. Ademais os pequechos tiveron a oportunidade de xogar con elas, o que completou unha mañá moi divertida no campus do CD Choco.

“Creemos que as propias familias deben motivar a que as nenas practiquen este deporte se é o que realmente queren facer. Campus como este, que é mixto, debería haber máis e que sexan máis as rapazas que se animen a vir porque o importante é que o pasen ben cos compañeiros e pasen días diferentes”, argumenta María.

Ana e María, personifican o avance nos logros acaecidos no fútbol feminino; pero recalcaron durante a súa charla que aínda queda moito por conseguir.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará