Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ferido leve nunha colisión entre un turismo e un camión en Cesantes

poli local

Os feitos producíanse ao redor das seis da madrugada cando un camión que circulaba en dirección Redondela invadía o carril contrario colidindo frontolateralmente contra un turismo que se dirixía cara Arcade. O accidente tiña lugar na N-550 á altura do restaurante illa de San Simón. Segundo informa a policía Local as investigacións continúan abertas para tratar de esclarecer o motivo polo que o camión se desprazou ao carril contrario.

Como consecuencia da colisión producíronse importantes danos materias en ambos os dous vehículos implicados, resultando ademais ferida leve a persoa que conducía o turismo. Un home que logrou saír do vehículo, no que inicialmente quedara atrapado, grazas á intervención doutros condutores nada máis producirse o accidente. Posteriormente sería trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario de Vigo.

Ademais da Policía Local desprazouse ao lugar unha patrulla da Garda Civil de tráfico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará