Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Un pobo, unha selección”, unha mostra para divulgar e reivindicar o deporte galego

expo multi

A exposición itinerante da plataforma Vía Galega recalou en Redondela tan só uns días. Poderá visitar ata mañá xoves, en horario de mañá e tarde. Trátase dun total de 20 paneis informativos nos que se recollen diferentes modalidades deportivas, así como a historia da selección masculina de fútbol. Préstase ademais especial atención as deportistas galegas, grandes descoñecidas malia os seus meritorios logros en diversas disciplinas.

Ana Peleteiro, Marta Bobo, Xulia Vaquero ou Belén Toimil son algúns dos nomes que atopamos nestes paneis que queren así salientar o pasado, presente e futuro do deporte feminino galego. Así o salienta Adrián Bravo quen explica que “queremos dar a coñecer a esas deportistas que compiten a nivel internacional e que teñen acadado numerosos premios, unhas atletas que son unha auténtica marabilla en diversas modalidades”.

Tamén hai espazo para o deporte paralímpico e un amplo apartado sobre a historia da selección masculina de fútbol.

Ademais do carácter informativo e divulgador, esta mostra nace co obxectivo de reivindicar o dereito dos deportistas galegos a competir baixo a bandeira de Galicia, algo que si acontece con outras comunidades (a selección vasca de Surf) ou con modalidades moi concretas como é o fútbol gaélico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará