Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javi Santos: “Estou ilusionado de formar parte da familia do Redondela FS”

WhatsApp Image 2022-07-06 at 1.24.03 PM

O equipo Redondela Maramar está preparando a súa chegada a Terceira División, despois de dez anos de ausencia. Unha das decisións que tomou a directiva de cara a esta importante nova tempada é a fichaxe de Javi Santos como novo adestrador. O técnico expresa a súa ilusión de formar parte da familia do Redondela FS.

“Ilusioneime cos xogadores”, conta Javi Santos.

O técnico conta cunha longa traxectoria neste deporte que considera  o seu traballo e a súa paixón. Como xogador estivo en equipos de Primeira División como o Rías Baixas, o Ourense FS ou o Miró Martorell e incluso chegou a ser un xogador internacional absoluto coa Selección Española.  

“Teño unha experiencia de 20 anos no campo que espero transmitir o equipo”

A directiva do club tiña claro a decisión de incorporar o técnico no equipo e bastaron dúas reunións para chegar a un acordo, xa que comparten a mesma filosofía. Santos, remarca que a paixón que ve nos xogadores foi o que lle impulsou a traballar no club.

“Chegamos a un acordo moi rápido”

Na súa etapa como adestrador, estivo ao fronte de equipos como o IES Coruxo ou o Bueu FS, onde realizou grandes tempadas en terceira división. Malia que aínda nin ten claro como van a ser as dinámicas de adestramento co equipo redondelá  considera que non é necesario facer moitos cambios técnicos, xa que o traballo constante dos xogadores durante tantos anos é o que define o equipo Maramar. 

“Eu veño a aportar o meu gran de area”

A seguinte tempada vai  estar chea de emocións. O Redondela FS estase preparando estratexicamente para manter a permanencia,  unha das acción que xa tomaron foi engadir a Javi santos na plantilla do club. Agora toca prepararse para a Terceira División, unha categoría na que enfrontaranse a moitos equipos fortes entre os que se atopan 3 de Redondela . O Pazos e o Campito chapela serán dous rivais potentes para o Maramar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará