Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visitas en kaiak á Illa de San Simón

kaiak

A Concellería de Turismo organiza os días 2, 16 e 30 de xullo unha actividade orientada ao público familiar a partir de 4 anos de idade. Unhas saídas en Kaiak pola enseada que inclúen visita guiada a Illa de San Simón e ao museo meirande. O prezo da actividade é de 15 euros por persoas. Inscrición na oficina de turismo ou no teléfono 986 401713.

Unha proposta que busca poñer en valor espazos tan emblemáticos como o Meirande e a Illa na que se mestura historia, cultura e deporte, tal e como explicaba a concelleira de turismo María Castro

Malia que en principio só están previstas tres saídas ao longo deste mes de xullo, non se descarta prolongar a actividades en meses vindeiros no caso de que haxa demanda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará