Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A reforma da Avenida Mendiño segue en espera

aveida mendiño

En febreiro de 2019, en vésperas dunhas eleccións municipais, a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez e o exalcalde Javier Bas presentaban unha obra “para comezar nese verán e da que tres anos despois, segue sen terse noticias”. Así o denuncian dende o PSOE de Redondela quen aseguran que a situación desta obra é un exemplo máis do “esquecemento en que a Xunta de Galicia ten á cidadanía do noso concello”.

Cumpríronse xa tres anos dende que en febreiro de 2019 “a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e o exalcalde Javier Bas, anunciasen o “inicio inminente “das obras que comezarían ese mesmo verán e terían un prazo de execución de 12 meses”. A chegada do Goberno socialista ao Concello “faría cambiar o discurso”, afirma Rita Pérez secretaria de organización do PSOE “tanto é así que nos orzamentos do 2020, a Xunta non consignaba nin un euro a unha obra que, meses antes, cualificaban como de extraordinaria importancia”.

Engade que o Goberno socialista leva “máis de dous anos esixindo da Xunta de Galicia o cumprimento dese compromiso que adquiriron con toda a veciñanza de Redondela”, cumprindo todos e cada uns dos requisitos esixidos polo Goberno autonómico do PP –que polo visto gobernando os populares en Redondela non eran necesarios– “incluída unha retención de crédito, petición máis que cuestionable de terse en conta que a Xunta non explicaba se, pola súa banda, contaba ou non con partida orzamentaria para a súa realización”.

A secretaria de Organización cualificou de “impresentable” o “silencio cómplice dun PP local que no afán aliñarse cos seus en Santiago e desgastar ao Goberno socialista redondelán, tráelle sen coidado prexudicar á cidadanía que asegura defender”. “Cunha cara urxen a realización de actuacións que son competencia do Goberno central mentres tapan os constantes e continuos incumprimentos da Xunta con Redondela”.

“A Avenida Mendiño, de titularidade autonómica, segue estando no mesmo sitio, segue dando paso ao Centro de Saúde, aos centros escolares, aos pavillóns deportivos e a piscina municipal. Nada cambiou dende a promesa electoral a non ser o Goberno elixido democraticamente pola cidadanía”.

O Goberno socialista de Redondela coa súa alcaldesa Digna Rivas ao fronte, “seguirán esixindo a realización da obra da Avenida Mendiño” do mesmo xeito que “seguirán denunciando todas e cada unha das actitudes clientelares e partidistas coas que un Goberno galego, que debería ser de todos e todas e para todos e todas, ningunea a toda a cidadanía de Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará