Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reivindica o orgullo na semana LGTBIQ+

WhatsApp Image 2022-06-27 at 1.26.20 PM

“Redondela é un modelo a seguir en canto ao respecto amosado ao colectivo” así o afirma Pablo dende o colectivo Irisar, un dos colaboradores co concello na organización das diferentes actividades que se van desenvolver nos vindeiros días e que inclúen música, exposicións, un contacontos e a inauguración dun mural que decorará o exterior do Multiúsos da Xunqueira.

Pablo, Irisar

A casa do Concello e a ponte de madeira da Alameda Castelao iluminaranse coas cores do arco da vella nunha semana que quere celebrar o Día LGTBIQ+, cun programa de actos que se desenvolverán ata o vindeiro xoves 30 de xuño, organizado pola concellería de Igualdade en colaboración coas asociacións Pvlse de Vigo e Irisar de Redondela.

O primeiro dos actos consistiu na inauguración da exposición que se pode ver no Multiúsose continuará mañá Día do Orgullo ás 19 horas coa lectura do manifesto para proceder a inauguración do Mural da Diversidade na traseira do Multiúsos da Xunqueira.

A xornada rematará co concerto do grupo Girl’s Gang na pista da Xunqueira ás 20 horas que contará coa colaboración de Carolina Smith, quen falaba entre outras cousas da importancia de xestos simbólicos como eses bancos coas cores do arco da vella. Iniciativas que facilitan tamén unha integración que asegura, “en Redondela é patente”.

Carolina Smith

O día 30 de xuño ás 18 horas, e dirixido aos e ás máis pequenas, a Biblioteca Xela Arias de Chapela terá unha actividade de contacontos que se desenvolverá baixo o título Voando libres.

Digna Rivas, alcaldesa

O programa presentado responde, en palabras da alcaldesa Digna Rivas, “a inequívoca intención do Goberno socialista redondelán de seguir apostando por iniciativas que dean visibilidade a diversidade dentro da normalidade social”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará