Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior perde unha subvención de 29.000 euros para o acondicionamento de roteiros

roteiro

A Xunta de Galiza vén de denegar unha subvención de 29.000 euros ao Concello de Soutomaior. Neste caso, tratábase dunha liña de crédito deseñada para a sinalización e acondicionamento de roteiros no termo municipal, algo moi demando en Soutomaior segundo explican dende o BNG da localidade.

Os nacionalistas critican que o concello chegara tarde a este subvención xa que “tal e como lle notificou o propio Goberno galego ao Concello, denegoulle a subvención por solicitala cando xa non quedaba crédito para a mesma”.

Para o voceiro municipal “a mellora dos roteiros é algo completamente necesario, nos últimos anos a demanda nestas actividades é altísimas, non pode ser que a imaxe que se leven os visitantes sexa a do desleixo actual, ou que teñamos que vivir situación como a caída polo mal estado destes que houbo o ano pasado en Aranza e na que tiveron que intervir os equipos de emerxencia”.

Ante esta situación anunciou que “no próximo pleno o BNG levará unha iniciativa para solicitar que se busquen outra liñas de financiación e se execute unha recuperación integral dos roteiros de Soutomaior” algo que en palabras do Manu Lourenzo “ acompañado de outras políticas complementarias que tamén levaremos ao pleno nos próximos meses, terán un efecto moi posítivo na economía do noso concello e na fixación da poboación na parroquia de Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará