Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello require á Xunta que mellore a limpeza nos treitos do Camiño que atravesa o municipio

limpeza

Critican que o goberno galego “limpe a medias” xa que segundo explican “os traballos de roza non van acompañados da correspondente retirada dos restos vexetais que, nos días de choiva, son arrastrados pola auga atascando sumidoiros, rexistros e cunetas provocando, nalgúns puntos o asolagamento da calzada”.

Por este motivo, dende o concello xa enviaron un requirimento á Xunta para que os traballos de roza que está a desenvolver no Camiño de Santiago “inclúan tamén a retirada dos restos vexetais derivados de ditas labores”.

Como noutras moitas ocasións, o Concello de Redondela “ten que tirar de recursos propios para solucionar situacións creadas pola Xunta de Galicia, destinando recursos e persoal que poderían estar sendo utilizados noutras labores en beneficio da veciñanza”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.

“As labores de limpeza da rede viaria van máis aló do traballo da roza” afirma a rexedora local que lembra que as brigadas contratadas polo Concello para a realización deste tipo de traballos, compostas, cada unha delas, por dúas persoas con maquina rozadora a pe, “contaban tamén con outras dúas persoas de limpeza de cunetas e recollida de maleza”.

A rexedora local redondelá confía en que a Xunta “realice estes traballos coa rapidez e minuciosidade que, noutros casos, a propia administración autonómica esíxelle aos concellos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará