Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio cento de fogueiras alumearán a noite de San Xoán en Redondela

fogueria

En total foron 42 particulares e oito asociacións os que solicitaron o pertinente permiso municipal para a realización das fogueiras que se prenderán na noite deste xoves. As máis concorridas serán, sempre e cando o tempo o permita, as convocadas por colectivo culturais e sociais en O Viso, Cabeiro, A Miñoteira, Quintela, Saxamonte, San Estevo de Negros e Rande. De feito, as malas previsións meteorolóxicas levaron xa a pospoñer a prevista en Cesantes enmarcada no XI Festival Folk Illa de San Simón.

As organizadoras do festival explican que o mal tempo previsto non era compatible co concerto e fogueira que tiñan organizado para este xoves na zona do Murallón. Optaron por pospoñer o evento que previsiblemente se celebrará en xullo e contará coa actuación dos grupos Tirapuxa, Abóbriga e Tanto nos tén.

Nerea García, lamenta a decisión de pospoñer o Festival previsto para o xoves

Si se manteñen outras citas como a organizada pola Asociación Deportiva cultural de Rande que contará coa música do Coro Folk Pecios de Rande a partir das 21:30 horas. Haberá ademais sardiñas, pan e viño a prezos populares.

A Asociación deportivo e cultural a Miñoteira propoñen acompañar as fogueira do xoves cunha gran sardiñada que custará 3 euros para os que non sexan socios, mentres que os socios poderán degustalas de balde.

Quintela, o torreiro das festas do Monte da Gándara no Viso, o campo de fútbol de Chan das Pipas de Saxamonde, San Estevo de Negros e Cabeiro, son outros dos lugares nos que os centros culturais e asociacións veciñais organizan diferentes actividades en torno a unha fogueira que está a expensas do tempo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará