Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para o “Mundialito da Xunqueira”

2014072602020456769

O Club de Redondela Fútbol Sala prepara a XLVI edición do “Mundialito” de Fútbol Sala. A inscrición está aberta ata o vindeiro venres 24 de xuño nas categorías sénior e cadetes, tanto masculina como feminina. Do 4 ao 24 de xullo  os amantes do fútbol teñen cita obrigada na pista da Xunqueira

Un verán máis grandes e cativos enchen a pista da Xunqueira para celebrar a competición de fútbol sala máis famosa en Redondela. Varias xeracións veñen organizando e participando ano tras ano neste “Mundialito” organizado dende o Club de Futbol Sala de Redondela e que agarda superar os 30 equipos participantes do ano pasado.

 O prezo da inscrición para os equipos sénior é de 70 euros máis 12 euros por xogador, na categoría cadete só haberá que abonar os 12 euros correspondentes a cada un dos xogadores inscritos.

 Coma sempre haberá un trofeo e un premio en metálico de 300 euros para o campión e de 150 para o subcampeón. As inscricións poden facerse no teléfono 636 71 41 60 e no enderezo de correo electrónico: redondelafurbolsala@gmail.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará