Hoxe é Martes 5 de Xullo de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

María González: O noso obxectivo é regresar a Primeira Nacional

c48b78e7-d324-447f-a5f2-4dc8b015a0e4

María González Lago continuará como presidenta do Club de Balonmán de Chapela tras dous anos difíciles nos que se enfrontou a  dificultades persoais e problemas derivados da pandemia. Nesta nova andaina ten como obxectivo facer regresar o Rodosa-Chapela á Primeira Nacional e consolidar a os equipos base que entende que son o futuro da canteira.

González presentou a súa dimisión ao cargo como presidenta en funcións a principios de xuño co obxectivo de que houbera máis candidaturas. Finalmente, foi a única candidata a presidencia e confirmase un ano máis á fronte da directiva.

 “Presentei a dimisión para dar a oportunidade de que máis xente se presentara á presidencia”, explica a presidenta.

Trala morte do seu pai, Manuel González Soto, en 2019 asumiu as responsabilidades administrativas en momentos nos que a pandemia do covid-19 facían máis difícil o traballo. Estes dous últimos anos fixeron que collera experiencia e consolidara a o equipo administrativo que está conformado na súa maioría “por xente moza con ganas de traballar e levantar o club”.

“A época da pandemia foi un dos momentos máis difíciles para o club”, conta María.

González considera que o seu pai foi unha figura moi importante no seu aprendizaxe. O exdirectivo levaba 20 anos ao mando do club e ela puido nutrirse da súa experiencia. A nova presidenta aprendeu ferramentas necesarias para levar a parte burocrática, así como a encargarse do eido económico do club.

  “O meu traballo é moi satisfactorio, aprendín moito do meu pai ”, relata a nova presidenta.

Fran Teixeira, o adestrador do equipo de Primeira Nacional do Chapela faleceu o principio desta tempada, algo que afectou de maneira moi directa os xogadores e provocou o descenso de categoría. A presidenta ten claro que o obxectivo da nova tempada é facer crecer o equipo e chegar ás fases de ascenso cunha canteira consolidada.

“O noso obxectivo principal é ascender e volver a Primeira Nacional”, explica González.

O Chapela está pasando por momentos difíciles, nos que os cambios administrativos e as perdas de figuras importantes marcaron a tempada. Dende a nova directiva piden apoio e empresas dispostas a patrocinar o futuro da club e animan aos rapaces e rapazas a probar e formar parte da gran familia que conforman.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará