Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumnado do Pedro Floriani achégase á historia da Guerra Civil en Redondela

pedor floriani

O Departamento de Ciencias Sociais do IES Pedro Floriani decidiu saír das aulas para coñecer diferentes aspectos da Historia de Redondela. Unha iniciativa que nace con vocación de continuidade e que nesta primeira edición centrouse na temática da Guerra Civil achegando aos participantes unha charla a cargo do policía local e historiador, Roberto Gil para a continuación visitar o Cemiterio dos Eidos, lugar no que se atopan soterrados persoas represalidas nese período, recibindo as explicación da guía Soledad Chayán.

En primeiro lugar, Roberto Gil, policía local e historiador foi o encargado de realizar un percorrido sobre a Guerra Civil no concello de Redondela. Acto seguido, o alumnado visitou o Arquivo Municipal da man da súa responsable Ana Gesteira, aprendendo o funcionamento do lugar de custodia da memoria documental redondelá ao tempo que o alumnado se achegou a diferente documentación sobre a Guerra Civil.

A continuación visitaron o Cemiterio dos Eidos acompañados da guía Soledad Chayán. Un lugar de memoria no que se atopan os restos de persoas represaliadas durante a Guerra Civil alén de diferentes persoeiros e cidadáns de Redondela.

A actividade encádrase dentro do currículo de 4º da ESO e pretende achegar a Historia máis próxima ao alumnado da man daquelas persoas que teñen estudado o pasado do noso concello ou que fan da Historia un modo de vida. Este ano, as xornadas estiveron destinadas ao alumnado de 4º da ESO do IES Pedro Floriani, pero a pretensión é amplialas a outros cursos e outros centros para o ano próximo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará