Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe á Xunta que amplíe as instalacións do IES de Soutomaior

ana pontón souto

O parlamentario nacionalista, Manuel Lourenzo reproba ao titular de Educación a súa negativa a construír un novo pavillón de deportes e reconverter o espazo multiusos en aulas nun centro que quedou pequeno xa antes de se poñer en marcha e que agora padece serios problemas para atender a poboación educativa do concello.

O BNG esixiu á Xunta no Parlamento galego que solucione “a desfeita que vostedes crearon” no IES de Soutomaior e acometa a ampliación que precisa o centro. Así o reclamou nunha pregunta parlamentaria o portavoz nacionalista de Educación, Manuel Lourenzo, quen recordou que o proxecto para a construción do novo instituto rexistrado en 2015 no concello contemplaba 12 unidades cunha capacidade para 360 alumnos e alumnas.

O deputado nacionalista advertiu, os resultados acadados a día de hoxe, tres anos despois da súa inauguración, “están á vista de todos e están sendo denunciados pola comunidade educativa”: “aulas diminutas con 30 alumnos apiñocados; catro departamentos en todo o centro de 7 m2 cada un para 42 profesores; unha sala de profesorado na que non colle nin a metade do claustro e unha falta de espazo que provoca dificultades para que o alumnado que o necesite poida ter diversificación curricular e limita a oferta de bacharelatos”, enumerou. A isto engadiu que “de salón de actos e pistas cubertas, nin falar”, e que, ademais, “a matrícula do centro está absolutamente colapsada tres cursos despois da súa inauguración”.

Manuel Lourenzo, BNG

Lourenzo recordou ao titular de Educación que a xefatura territorial da consellería ten enriba da mesa “un proxecto acordado polo consello escolar para paliar esta situación” que o BNG comparte e instouno a construír un novo pavillón de deportes e reconverter o espazo multiusos en aulas, alternativa que foi rexeitada polo de agora polo conselleiro.

Un debate que se producía horas antes de que a propia portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitara as instalacións do instituto para coñecer de primeira man as deficiencias e problemáticas coas que sofren cada día o mestrado e o alumnado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará