Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello contratará catro persoas a abeiro do programa ‘Primeira experiencia profesional’

o meu prmieiro emprego

O obxectivo do programa, que contratará técnicos en Promoción de Igualdade de xénero, Deseño e Amoblamento, Xestión Forestal e Administracións de Sistemas Informáticos en rede é brindar á mocidade unha oportunidade para iniciarse no mundo laboral poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nos seus respectivos estudos

O Concello de Redondela contratará a catro persoas no marco do programa Primeira experiencia profesional da Deputación de Pontevedra, un proxecto que busca que as mozas e mozos que veñen de rematar os seus estudos nas súas respectivas áreas, poidan tomar contacto co mundo laboral e poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos.

As prazas ofertadas polo Concello redondelán son 1 técnico/a superior de Promoción de Igualdade de xénero, 1 técnico/a superior de Deseño e Amoblamento, 1 técnico/a superior de Xestión Forestal e 1 técnico/a superior de Administracións de Sistemas Informáticos en rede.

As persoas interesadas deberán estar inscritas no SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) como demandantes de emprego e estar en posesión das titulacións requiridas. Amais é requisito imprescindible ter rematado os seus estudos nos tres anos anteriores á data de solicitude, non ter experiencia profesional ou formativa na mesma actividade dentro dun concello máis de tres meses ou non estar contratadas en prácticas, no momento da selección, nalgún dos programas da Deputación de Pontevedra.

O sistema de selección será o de concurso valorándose o expediente académico, posesión doutras titulacións académicas relacionadas e a formación complementaria recollida na convocatoria. Unha vez finalizado o proceso de selección, as persoas contratadas terán un contrato formativo de seis meses prorrogable por outros seis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará